SECCIÓN BILINGÜE NA MATERIA DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA
OBXECTIVOS PROPOSTOS
Os obxectivos propostos para esta sección bilingüe son:
Aumentar a capacidade de lectura e a comprensión de textos
escritos en inglés relacionados coa ética e a súa terminoloxía.
Desenvolver capacidades para a comunicación elemental oral e
escrita en inglés sobre os mesmos temas.
A consecución destes obxectivos permitiralle ao alumnado
participante integrarse plenamente no proxecto de diversidade lingüística e
cultural que forma parte da política educativa da Consellería de Educación e
Ordenación universitaria. Tamén axudará ao acercamento do alumnado a outras
culturas.
Ámbito de
desenvolvemento
A sección bilingüe desenvolverase na materia de Educación
para a Cidadanía correspondente ao segundo curso da Educación Secundaria
Obrigatoria.
Planificación da
extensión na etapa nos seguintes anos académicos
A implantación desta sección bilingüe no segundo curso será
continuada nos vindeiros anos académicos. Unha vez avaliados os resultados
comezarase cunha posible ampliación a outras materias deste mesmo curso ou
mesmo noutros cursos da ESO.
Estratexias
metodolóxicas
Pola experiencia de anos anteriores, as competencias en
lingua inglesa dos alumnos é relativamente baixa, especialmente nas destrezas
de produción (speaking e writing).
O uso do inglés dos alumnos na súa actividade académica centrarase
na lectura e consulta de documentación en inglés e na comprensión de audios ou
vídeos nesta lingua.
Tendo en conta isto, a metodoloxía basearase nunha primeira
parte, na capacidade de ler e comprender textos escritos, adquirindo a
terminoloxía específica. Progresivamente traballarase a comprensión de textos
orais.
De forma simultánea, prestarase especial atención ao
desenvolvemento das destrezas básicas (listening, speaking, reading e writing).
Realizaranse actividades orientadas cara a expresión oral e escrita a un nivel
axeitado para as necesidades do alumnado.
Pautas para a
avaliación
A avaliación realizarase en tres liñas:
Avaliación da capacidade de compresión oral e de lectura da
documentación específica da materia de Educación para a Cidadanía en lingua
inglesa.
Probas de seguimento sobre a adquisición de contidos de
gramática e vocabulario nas clases de lingua inglesa e evolución do
desenvolvemento das destrezas básicas (listening, speaking, reading e writing).
Realización das probas escritas e presentación de traballos
en lingua inglesa cando así se requira.
OBXECTIVOS
OBXECTIVOS DA ETAPA
A Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos nesta
etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Desenvolver o autocoñecemento, o afán de superación e a
autonomía persoal.
2. Capacitar o alumno para que poida actuar libremente nas
relacións sociais con actitudes xenerosas e construtivas.
3. Coñecer e apreciar os valores e normas de convivencia e
aprender a obrar de acordo con elas.
4. Coñecer, asumir e valorar os principais dereitos e
obrigas que derivan daDeclaración Universal dos Dereitos Humanos, da Convención
sobre os Dereitos do
Neno e da Constitución española.
5. Mostrar respecto polos costumes e modos de vida de
persoas e poboacións distintas á propia, que sexan conformes coa Constitución
española e as declaracións internacionais de protección dos dereitos humanos,
recoñecendo os
6. Coñecer o funcionamento das sociedades democráticas e
valorar o papel das administracións na garantía dos dereitos e liberdades
fundamentais, así como dos servizos públicos básicos e a obriga dos cidadáns de
contribuír ao seu mantemento e cumprir as súas obrigas cívicas.
7. Identificar e rexeitar situacións de inxustiza e de
discriminación, mostrar sensibilidade polas necesidades das persoas e grupos
máis desfavorecidos e desenvolver comportamentos solidarios e contrarios á
violencia.
8. Coñecer e respectar as normas básicas que regulan a
circulación, especialmente aquelas que teñen que ver coa seguridade. Tomar
conciencia dasituación do ambiente e desenvolver actitudes de responsabilidade
no coidado do contorno próximo.
9. Describir a organización, a forma de elección e as
principais funcións dalgúns órganos de goberno do municipio, das comunidades
autónomas, do Estado e da Unión Europea. Identificar os deberes máis relevantes
asociados a eles.
10. Educar en saúde integral, coñecer as habilidades e valores
necesarios para actuar positivamente respecto á saúde.seus valores
enriquecedores para a convivencia.
OBXECTIVOS DA MATERIA
1.
Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando
conciencia da propia identidade, das características e experiencias persoais,
respectando as diferenzas cos outros e desenvolvendo a autoestima.
2.
Coñecer e expresar os sentimentos e as emocións e desenvolver a afectividade
nas relacións cos outros, manifestando unha actitude aberta, solidaria e
respectuosa, rexeitando os estereotipos, os prexuízos e a violencia en todas as
súas formas.
3.
Desenvolver a iniciativa persoal, actuar con autonomía, asumindo
responsabilidades individuais e colectivas, e practicar formas de convivencia e
de participación baseadas no respecto, utilizando o diálogo e a mediación para
evitar e resolver os conflitos.
4.
Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e
as obrigas que se derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos,
da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia, identificando
os valores que os fundamentan.
5.
Asumir a pluralidade das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como
enriquecedora da convivencia e defender a igualdade de dereitos e oportunidades
de todas as persoas, rexeitando as situacións de inxustiza e as discriminacións
existentes por razón de sexo, orixe, crenzas, diferenzas sociais, orientación
afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha vulneración da dignidade
humana e causa perturbadora da convivencia.
6.
Recoñecer e asumir a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e
homes, valorar a diferenza de sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que
supoñan discriminación e participar activamente na prevención da violencia de
xénero.
7.
Coñecer e apreciar os principios e valores que fundamentan e lexitiman os
sistemas democráticos e o funcionamento da Comunidade Autónoma de Galicia, do
Estado Español e da Unión Europea, tomando conciencia do patrimonio común e da
diversidade social e cultural.
8.
Coñecer os fundamentos do modo de vida democrático e aprender a obrar
baseándose neles nos diferentes ámbitos da convivencia. Asumir os deberes
cidadáns na manutención dos bens comúns e recoñecer o papel do Estado como
garantía dos servizos públicos.
9. Coñecer as diversas formas
de participación política, desenvolver habilidades de diálogo orientadas á
participación democrática e valorar a importancia da participación cidadá, ben
sexa na vida política institucionalizada, ben noutras formas de participación
como a cooperación, o asociacionismo e o voluntariado.
10.
Coñecer as causas que provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a
desigualdade, así como a relación entre os conflitos armados e o
subdesenvolvemento. Valorar as accións encamiñadas á consecución da paz e da
seguridade e a participación activa como medio para lograr un mundo máis xusto.
11.
Recoñecerse membros dunha cidadanía global, baseada nos valores da liberdade, a
igualdade e a xustiza e implicarse activamente na súa realización, comezando
por mostrar respecto crítico polos costumes e modos de vida de poboacións
distintas á propia e manifestar comportamentos solidarios coas persoas e
colectivos desfavorecidos.
12.
Coñecer e analizar as principais teorías éticas que máis contribuíron ao
recoñecemento das liberdades e dos dereitos das persoas.
13.
Identificar as posicións morais que están na orixe dos principais problemas e
conflitos do mundo actual, valorar a importancia da análise ética na
orientación da súa resolución e desenvolver unha actitude crítica ante os
modelos que se transmiten a través dos medios de comunicación, mediante a
adquisición de destrezas básicas na utilización das fontes de información.
14.
Adquirir un pensamento crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir
habilidades para comunicar as propias ideas e defender as propias posicións en
debates, a través da argumentación documentada e razoada, así como para
escoitar e valorar as razóns e argumentos dos outros.
15.
Practicar o diálogo coa realidade social en continuo proceso de transformación,
como instrumento para a análise crítica das conviccións persoais e a formulación
dun proxecto de vida propio, na dimensión persoal, cívica e profesional.
COMPETENCIAS
BÁSICAS
CONTRIBUCIÓN
DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
A Educación para a Cidadanía contribúe a desenvolver algúns
aspectos destacados de varias competencias, pero relaciónase directamente coa
competencia social e cidadá. En relación con esta competencia, a área afronta o
ámbito persoal e público implícito nela: propicia a adquisición de habilidades
para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática. Así, a área
pretende o desenvolvemento de nenos como persoas dignas e íntegras, o que exixe
reforzar a autonomía, a autoestima, o afán de superación, e favorecer o
espírito crítico para axudar á construción de proxectos persoais de vida. Tamén
se contribúe á competencia e a mellorar as relacións interpersoais na medida
que a área propón a utilizaciónsistemática do diálogo. Para isto, a área inclúe
contidos específicos relativos á convivencia, á participación, ao coñecemento
da diversidade e das situacións de discriminación e inxustiza, que deben permitir
consolidar as habilidades sociais e os hábitos cívicos necesarios para unha
sociedade democrática.Así mesmo, a área contribúe á adquisición do coñecemento
dos fundamentos e os modos de organización das sociedades democráticas, á
valoración da conquista dos dereitos humanos e ao rexeitamento dos conflitos
entre os grupos humanos e ante as situacións de inxustiza. Son contidos
específicos da área os principios contidos na Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, na Convención dos Dereitos do Neno e na Constitución
española, así como a súa aplicación por parte de diversas institucións.
A identificación dos deberes cidadáns e a asunción e
exercicio de hábitos cívicos adecuados á súa idade no ámbito escolar e social
permitirá que os futuros cidadáns se inicien na construción de sociedades máis
cohesionadas, libres, prósperas, equitativas e xustas.
Ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender
contribúese na medida en que a área propón o estímulo das habilidades sociais,
o impulso do traballo en equipo, a participación e o uso sistemático da
argumentación, que require o desenvolvemento dun pensamento propio. A síntese
das ideas propias e alleas, a presentación razoada do propio criterio e a
confrontación ordenada e crítica de coñecemento, información e opinión,
favorecen tamén as aprendizaxes posteriores.
Desde a área favorécese a competencia de autonomía e
iniciativa persoal, na medida en que se desenvolven iniciativas de
planificación, toma de decisións, participación, organización e asunción de
responsabilidades. A área adestra no diálogo e o debate, na participación, na
aproximación respectuosa ás diferenzas sociais, culturais e económicas e na
valoración crítica destas diferenzas así como das ideas. O currículo atende,
desde a argumentación, á construción dun pensamento propio e á toma de postura
sobre problemas e posibles solucións. Con isto, fortalécese a autonomía do
alumno para analizar, valorar e decidir, desde a confianza en si mesmo e o
respecto ás demais persoas.
Á competencia en comunicación lingüística contribúese a
partir do coñecemento e do uso de termos e conceptos propios da área. Ademais,
o uso sistemático do debate, procedemento imprescindible nesta área, contribúe
especificamente a esta competencia, porque exixe exercitarse na escoita, a
exposición e a argumentación.
COMPETENCIAS BÁSICAS
1.
Interpretar e empregar
informacións de tipo verbal, estatístico e icónico para a elaboración de
informes e conclusións a partir dela, transmitíndoa axeitadamente e aplicando
no devandito proceso as tecnoloxías da información e a comunicación. (C.B. 5,
1, 2, 7,8)
2.
Actuar de acordo ás normas
de convivencia defendendo o seu valor como medio para regular a relación no
ámbito académico, social e familiar. (C.B. 5, 1, 6, 8)
3.
Identificar e confrontar
informacións, coñecementos e opinións respecto a proxectos de convivencia,
destacando aqueles que proveñen do contexto galego. (C.B. 1, 5, 6, 7, 8)
4.
Deseñar plans sistemáticos
e ordenados de traballo, relación e cooperación, que supoñan tomar decisións,
que impliquen esforzo e responsabilidade e delimiten e sopesen as repercusións
persoais e sociais das súas actuacións. (C.B. 5, 7, 8)
5. Identificar e valorar as emocións e sentimentos
propios experimentados ante situacións de desigualdade, marxinación, paro,
pobreza, analizando aquelas que teñen lugar en Galicia. (C.B. 5, 8)
6. Participar activamente en situacións de diálogo,
coloquio e debate respectando as súas normas básicas e diferenciando entre
argumentos e opinións. (C.B. 1, 5, 7, 8)
7. Expoñer de forma sistemática, clara e fundamentada as
causas e o alcance dos problemas e conflitos de convivencia que afectan á
sociedade galega. (C.B. 1, 5, 8)
8. Identificar a multiplicidade de factores que
interveñen no desenvolvemento de determinados conflitos, especialmente aqueles
que proveñen de situacións de violencia de xénero, delimitando a súa
importancia e mostrando alternativas fundamentadas para a súa solución. (C.B.
5)
9. Desenvolver actitudes de defensa e respecto do medio e
reflexionar en grupo sobre os problemas ambientais que as actividades humanas
producen nos ecosistemas, principalmente, no ámbito galego. (C.B. 3, 5, 6)
10. Identificar e caracterizar diferentes formas e institucións políticas e
económicas (o traballo e a situación actual dos sectores económicos),
especialmente no ámbito galego, comprendendo a complexidade e transcendencia do
ámbito económico nun mundo globalizado. (C.B. 3, 5)
11. Analizar as diferentes actividades económicas que protagonizan as
sociedades actuais, de forma concreta a galega, apreciando o grande impacto que
tiveron no medio e nas formas de vida, e mostrando actitudes críticas ante o
consumismo excesivo e os fenómenos de especulación da sociedade
contemporánea. (C.B. 3, 5, 6).
12. Obter, seleccionar e procesar información utilizando fontes diversas e os
novos medios de información e comunicación, así como elaborar novas
informacións utilizando as axeitadas estratexias e técnicas do traballo
intelectual como a análise crítica, recollida de datos, comparacións ou
síntese, entre outras (C.B. 4, 5, 7, 8).
13. Analizar e
debater sobre novas relacionadas cos elementos que forman parte do patrimonio
común de galegos (historia, cultura, arte, medio etc...), utilizando como
fontes os diferentes medios de comunicación (escritos e audiovisules) de
Galicia e as novas tecnoloxías da información e comunicación (C:B. 4,5,7,8).
CONTIDOS
Bloque 1. Contidos comúns.
Exposición de opinións e xuízos propios con argumentos
razoados e capacidade para aceptar as opinións dos outros. O
diálogo.Preparación e realización de debates sobre aspectos relevantes da
realidade.Análise comparativa e avaliación crítica de informacións
proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de
actualidade. Feitos e opinións.
Bloque 2. Persoa e
sociedade.
Autonomía persoal e relacións interpersoais. Modelos
socioculturais e autoestima, xestión das emocións, desenvolvemento de factores
de protección fronte ás enfermidades, as adiccións e o consumismo.O carácter
social do ser humano: persoa e sociedade. A familia no marco da Constitución
española. O desenvolvemento de actitudes non violentas na convivencia diaria. A
noción de cidadanía. Os criterios xurídicos de adquisición da nacionalidade
española. Os valores fundamentais da Constitución española: os seus símbolos.
Dereitos civís, políticos, económicos e sociais. A xustiza.A equidade e a
solidariedade. O coidado das persoas dependentes. Axuda a compañeiros ou
persoas en situación desfavorecida.A participación no centro educativo.
Bloque 3. Deberes e dereitos
cidadáns.
Declaración Universal dos Dereitos Humanos e outros pactos e
convenios internacionais asociados, como o Convenio Internacional de Dereitos
Civís e Políticos de Nacións Unidas e o Convenio Europeo de Dereitos e
Liberdades. A protección dos dereitos humanos fronte ás súas violacións. Os
tribunais internacionais. A extensión dos dereitos humanos: un reto do mundo
actual.Igualdade de dereitos e diversidade. Respecto e valoración crítica das
opciónspersoais dos cidadáns con respecto aos límites impostos pola
lexislación.
A conquista dos dereitos das mulleres e a súa situación no
mundo actual. Os dereitos laborais e a conciliación entre a vida laboral e
familiar.Os deberes cara á natureza e o ambiente. Xestión de refugallos e
consumo eficiente. Preservación do noso patrimonio natural. A contaminación
acústica.Bens comúns e servizos públicos. Os impostos e a contribución dos
cidadáns ao sostemento dos servizos de interese xeral. O Estado do benestar.
Nocións básicas sobre o sistema da Seguridade Social e o sistema español de
pensións.
Bloque 4. As sociedades
democráticas do século XXI.
Estado de dereito: o
seu funcionamento. O modelo político español: a Constitución española e Estado das autonomías. A política como
servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. O deber de transparencia na
xestión pública.As sociedades democráticas como sociedades plurais e abertas.
As democracias representativas. O Parlamento. A
participación dos cidadáns.
As eleccións. A opinión pública.
Diversidade social e cultural. Convivencia de culturas
distintas nunha sociedade plural dentro do marco constitucional.A dimensión
económica da sociedade humana. Liberdade política e liberdade económica. O papel
da iniciativa económica privada na xeración da riqueza e o omento do espírito
emprendedor. As ONG e a sociedade civil.Consumo racional e responsable.
Recoñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.
Estrutura e funcións da protección civil. Prevención e
xestión dos desastres naturais e provocados.A circulación viaria e a
responsabilidade cidadá. Accidentes de circulación: causas e consecuencias.
Bloque 5. Cidadanía nun
mundo global.
Os conflitos no mundo actual: terrorismo, estados falidos,
fanatismo relixioso. Dereito internacional humanitario.A loita contra o
subdesenvolvemento e accións para lograr un mundo máis próspero e máis
xusto.Globalización e interdependencia: o uso das tecnoloxías da información e
a comunicación, novas formas de relación e lecer. Dereito á privacidade e
respecto á propiedade intelectual
CONTIDOS – TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN
Bloque 1. Contidos comúns.
- Exposición de opinións e xuízos propios con argumentos razoados e capacidade para aceptar as opinións dos outros.
- O diálogo.Preparación e realización de debates sobre aspectos relevantes da realidade.Análise comparativa e avaliación crítica de informacións proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade. Feitos e opinións.
Bloque 2. Persoa e sociedade.
- Autonomía persoal e relacións interpersoais.
- Modelos socioculturais e autoestima, xestión das emocións, desenvolvemento de factores de protección fronte ás enfermidades, as adiccións e o consumismo.
- O carácter social do ser humano: persoa e sociedade.
- A familia no marco da Constitución española.
- O desenvolvemento de actitudes non violentas na convivencia diaria.
- A noción de cidadanía.
- Os criterios xurídicos de adquisición da nacionalidade española.
- Os valores fundamentais da Constitución española: os seus símbolos.
- Dereitos civís, políticos, económicos e sociais.
- A xustiza.A equidade e a solidariedade.
- O coidado das persoas dependentes.
- Axuda a compañeiros ou persoas en situación desfavorecida.
- A participación no centro educativo.
2ª AVALIACIÓN
Bloque 3. Deberes e dereitos
cidadáns.
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos e outros pactos e convenios internacionais asociados, como o Convenio Internacional de Dereitos Civís e Políticos de Nacións Unidas e o Convenio Europeo de Dereitos e Liberdades.
- A protección dos dereitos humanos fronte ás súas violacións.
- Os tribunais internacionais.
- A extensión dos dereitos humanos: un reto do mundo actual.Igualdade de dereitos e diversidade.
- Respecto e valoración crítica das opciónspersoais dos cidadáns con respecto aos límites impostos pola lexislación.
- A conquista dos dereitos das mulleres e a súa situación no mundo actual.
- Os dereitos laborais e a conciliación entre a vida laboral e familiar.Os deberes cara á natureza e o ambiente.
- Xestión de refugallos e consumo eficiente.
- Preservación do noso patrimonio natural.
- A contaminación acústica.
- Bens comúns e servizos públicos.
- Os impostos e a contribución dos cidadáns ao sostemento dos servizos de interese xeral.
- O Estado do benestar. Nocións básicas sobre o sistema da Seguridade Social e o sistema español de pensións.
Bloque 4. As sociedades
democráticas do século XXI.
- Estado de dereito: o seu funcionamento.
- O modelo político español: a Constitución española e Estado das autonomías.
- A política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública.
- O deber de transparencia na xestión pública.
- As sociedades democráticas como sociedades plurais e abertas.
- As democracias representativas.
- O Parlamento.
- A participación dos cidadáns.
- As eleccións.
- A opinión pública.
- Diversidade social e cultural.
- Convivencia de culturas distintas nunha sociedade plural dentro do marco constitucional.
- A dimensión económica da sociedade humana.
- Liberdade política e liberdade económica.
- O papel da iniciativa económica privada na xeración da riqueza e o omento do espírito emprendedor.
- As ONG e a sociedade civil.Consumo racional e responsable.
- Recoñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.
- Estrutura e funcións da protección civil.
- Prevención e xestión dos desastres naturais e provocados.
- A circulación viaria e a responsabilidade cidadá.
- Accidentes de circulación: causas e consecuencias.
3ª AVALIACIÓN
Bloque 5. Cidadanía nun
mundo global.
- Os conflitos no mundo actual: terrorismo, estados falidos, fanatismo relixioso.
- Dereito internacional humanitario.
- A loita contra o subdesenvolvemento e accións para lograr un mundo máis próspero e máis xusto.
- Globalización e interdependencia: o uso das tecnoloxías da información e a comunicación, novas formas de relación e lecer.
- Dereito á privacidade e respecto á propiedade intelectual
CONTIDOS
MÍNIMOS
*
Identificación e exercicio dos deberes e dereitos que teñen como alumnado dun
centro.
*
Coñecemento e manexo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, asunción
dos deberes e responsabilidades que dela se derivan e valoración do proceso de
recoñecemento e proclamación dos dereitos humanos como unha conquista histórica
inacabada.
*
Recompilación de información sobre os distintos tipos de documentos que recolle
a lexislación internacional sobre os dereitos humanos (declaracións, pactos,
convenios...) e sobre os mecanismos de control e protección dos acordos.
*
Recoñecemento da igualdade das persoas en dignidade e dereitos, identificación
e condena de situacións de violacións dos dereitos humanos e coñecemento dos
recursos para denunciar e combater a violación dos dereitos.
*
Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións
interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e
a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de
mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de
discriminación das que de feito aínda son vítimas as mulleres.
*
Identificación do sistema de dereitos e deberes como base da convivencia
política. Valoración do exercicio dunha cidadanía activa, que coñece os seus
dereitos e asume as súas responsabilidades.
*
Identificación da principais institucións e dos conceptos fundamentais que
definen un sistema democrático. Os sistemas de votación democrática.
*
Identificación e coñecemento dos principios, dereitos e deberes fundamentais
recoñecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
*
Identificación e valoración das diversas formas de participación cidadá:
cooperación, asociacionismo e voluntariado.
*
Valoración da política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública.
Información sobre a estrutura e funcionamento da protección civil e coñecemento
do seu papel na prevención e xestión dos desastres naturais e provocados. Os
sistemas de votación democrática.
*
Asunción da responsabilidade cidadá: identificación e aprecio dos bens comúns e
servizos públicos. Valoración dos impostos como contribución dos cidadáns aos
gastos e investimentos públicos e como instrumento para a distribución da renda
e compensación das desigualdades.
*
Reflexión sobre as causas, avaliación das consecuencias dos accidentes de circulación
e implicación na súa prevención.
*
Coñecemento dos dereitos e deberes que implica o consumo, planificación de
condutas e adquisición de hábitos de consumo racional e responsable compatible
coa sustentabilidade.
*
Observación do impacto das actividades individuais e colectivas sobre o medio e
valoración da responsabilidade polo seu coidado.
*
Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia
nunha sociedade plural. Identificación dos elementos culturais propios que
poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións.
*
Identificación de situacións de violación de dereitos e sensibilización fronte
ás necesidades de colectivos e grupos desfavorecidos. Planificación de
iniciativas encamiñadas á construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.
*
Identificación dos principais conflitos no mundo actual e sensibilización ante
a situación das persoas que sofren directamente as súas consecuencias.
Información sobre o papel dos organismos internacionais e as forzas de
pacificación na prevención e resolución dos conflitos. Identificación e
valoración das accións individuais e colectivas a favor da paz.
*
Análise e valoración da influencia das novas formas de comunicación,
información e mobilidade no establecemento de relacións globais entre as
persoas de diferentes lugares do mundo e das consecuencias da globalización
económica.
*
Sensibilización ante as desigualdades: riqueza e pobreza. Coñecemento de
iniciativas encamiñadas á loita contra a pobreza e a axuda ao desenvolvemento.
TEMPORALIZACIÓN
Primeira avaliación
Bloques 1-2
|
Bloque 1. Contidos comúns.
Bloque 2. Persoa e sociedade.
|
Segunda avaliación
Bloques 3-4
|
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns.
Bloque 4. As sociedades democráticas do século XXI.
|
Terceira avaliación
Bloque 5
|
Bloque 5. Cidadanía nun mundo global
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario